Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

 
Gallaeciae Monumenta Historica

Aviso

Aberto o prazo de inscrición no Congreso Internacional sobre Xelmírez

[06/07/2010] O período de inscrición no Congreso Internacional sobre Xelmírez que se celebrará en compostela entre o 18 e o 20 de novembro. A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao congreso. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das conferencias.

O arcebispo compostelán Diego Xelmírez é unha das figuras clave da historia de Galicia, e sen dúbida foi tamén un dos protagonistas do decorrer histórico do século XII hispánico. O Congreso O século de Xelmírez pretende deitar un outro ollar sobre os camiños que abriron as renovadoras iniciativas xelmirianas nos diversos ámbitos en que actuou, desde a política e a Igrexa ata as artes e as letras. Para tal fin, co gallo do ano xacobeo e nas portas do noveno centenario da coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galicia na catedral de Santiago no ano 1111, o Consello da Cultura Galega convoca un escol de especialistas nos distintos ámbitos en que as empresas de Xelmírez deixaron unha inmorredoira pegada.