Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

 
Gallaeciae Monumenta Historica

Autores

Ángel Rodríguez González

Ángel Rodríguez González (Ceuta, 1920 - Compostela, 2005) foi un dos medievalistas máis relevantes da Galicia contemporánea. Doutorouse en 1956 na Universidade Central de Madrid cun traballo sobre a historia da colexiata de Santa María de Iria.

Enrique Flórez

(Villadiego, Burgos, 1702-Madrid, 1773). Relixioso agustino, é un dos máis sinalados historiadores da Igrexa Católica e un dos pioneiros na aplicación en España das novas metodoloxías históricas, baseadas no estudo e crítica da documentación.

Enrique Cal Pardo

Nado en Viveiro en 1922, doutorouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Comillas. A súa vida profesional está ligada ao Seminario Conciliar, do que foi alumno, primeiro, e máis tarde profesor e reitor, e á Catedral de Mondoñedo, da que é deán e cóengo arquiveiro. Foi tamén profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.

Antonio Neira de Mosquera

(Santiago, 1823 - 1854). Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta. Pertenceu a unha xeración de mozos universitarios, optimistas, loitadores, agrupados na Academia Literaria de Santiago (fundada en 1831), foi un dos precursores do Rexurdimento cultural de Galicia do último terzo do século XIX.

Ramón Sanjurjo Pardo

(San Mamede de Oleiros, Vilalba- Mondoñedo). Avogado de profesión, Ramón Sanjurjo investiu moitos anos na recollida de información para elaborar a súa obra sobre os bispos mindonienses.