Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

 
Gallaeciae Monumenta Historica

Avisos

Comezou o Congreso internacional “O século de Xelmírez”

O Congreso foi inaugurado no curso dun acto que presidiu Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, en ausencia do Presidente Ramón Villares. Díaz-Fierros aludiu ao período xelmiriano como “un tempo luminoso para as artes e as letras, as ciencias e as técnicas e a atención á dimensión europea, que permiten falar dun antes e un despois de Xelmírez”.
 >>

Aberto o prazo de inscrición no Congreso Internacional sobre Xelmírez

O período de inscrición no Congreso Internacional sobre Xelmírez que se celebrará en compostela entre o 18 e o 20 de novembro. A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao congreso. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das conferencias. >>