Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

846
1381, decembro, 12. Vilar de Donas
Vasco Gómez véndelle ao seu irmán, Fernando Gómez, a parte que lle corresponde no couto de Xián co fin de saldar diversas débedas con el contraídas por valor de 25 500 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 275x233 mm.

Saban quantos esta carta viren commo eu Vasco Gomes das Seyxas por esta presente carta outorgo et conffesso que devo et aio de dar et pagar a vos Fernan Gomes das Seyxas, meu yrmao, vinte mill maravedis de dez dineyros brancos cada maravedi desta moeda que ora corre, os quaes ouve en voso nome da terra et merçede que vos teedes de noso sennor el rey cuio vasalo vos sodes. Outrosy conosco et outorgo que oyve de vos mays hun cavalo [morzalo] que dy a Meen Vasques de Parada, que me vos vendestes por tres mill maravedis da dita moeda, et mays hun mulo pardo que dy a Diego Afonso, meu sobrino, que me vendestes por mill et quinentos maravedis. Et outrosy conffeso et outorgo que oyve de vos mays huna cota de fero et hun bacynete que me eso meesmo vendestes por outros mil maravedis da dyta moeda, que montan por todos vynte et çinquo mill et quinentos maravedis da dita moyeda (sic). Et vendo-vos et dou-vos por los ditos vynte et çinquo mill et quinentos maravedis toda a mina parte do couto de Gyaae con todo o synoryo et quasas et arvores et formaes et yures et dereytos, igligario et leygario, que a min perteeçe et perteeçer deven de dereyto en qualquer maneyra et por qualquer razon su sino de Santa Maria do dito do dito (sic) couto de Gyaae asy por erençia et patrimonio de myna nana, Elvyra Ares, commo de compras et gaanças que eu aya feytas de qualquer parte enno dyto couto; et obligo myn et meus bees a vos fazer a dyta vençon de paz, et des aqui endeante pono et traspaso en vos, o dito Fernan Gomes, por razon da dita vençon et en vosa vos et herdeyros todo o dereyto et auçon et iur, posysson et propiadade que eu aia et me perteesca en qualquer maneyra, commo dito he, enno dyto couto et senorio et quasas et herdades del et tyro ende a min et a myna voz et meus herdeyros del, et se por ventura des aqui endeante en algun tempo husar ou posuyr o dito couto, senorio, casas ou herdades del, ou de parte dela, conosco et outorgo que as huso et porsuyo por vos et en voso nome precario, et prometo a Deus et a a boa fe e sen mao enganno de non pasar contra esta dita vençon en tempo algun por min nen outro, et se o for, que Deus non queyra, mando que non vala et demays que perga a vos, o dito Fernan Gomes, por razon de pena conveçional dez mill maravedis da dita moeda, et a pena pagada ou non pagada que este contrauto que vos faço fique fyrme et estavele para en sempre enna forma et maneyra que he feyto.

Et eu, o dito Fernan Gomes, que estou presente asy reçebo de vos, o dito Vasco Gomes, a dita vençon. Et eu o dito Fernan Gomes asy vos la outorgo. Et porque seya çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos Afonso Martys, notario enna meryndade de Monteroso, que faça de todas las cousas sobreditas hun instromento et contrauto o mays çerto et firme que se poder fazer en dereyto.

Feyto et outorgado foy o que sobredito he en Vilar de Donas, doçe dyas de dezembre, era de mill et quatroçentos et dez et nove annos. Testemoyas que foron presentes: Meen Vasques de Parada et Gandya, et Afonso Varela, et Diegianes, morador en Merlan, escudeyros do dyto Vasco Gomes; et Fernando Affonso do Quarvalo, escudeyro do dito Fernan Gomes, et outros chamados et rogados.

Et eu Afonso Martys, notario publico ena meyrindade de Monteroso, a todo o que sobredito he con as dytas testemoyas presente foy et este instromento et contrauto en mina presença por outro fis scrivyr et puge en el meu synal que tal he en testemoyo de verdade a rogo et pityçon das ditas partes.(+).