Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

1280
399, Marzo, 20

María Viviáez e seu irmán Martiño Viviáez confírmanlle ó mosteiro a venda da leira de trala viña da Ponte, en Nucedo, feita por seus pais.

A. H. N., Clero, Carpeta 1486, doc. nº 8.

Eno nome de Deus amén. Eu, María Uiujâez, con1 / meu irmäo Martín Uiujâez, a uós, don Gil, abbade de / Monte de Rramo, et ao conuento dese meesmo logar / outorgamos a venda2 que uos noso padre Viuján Martíiz / et nosa nana dona3 Esteueíña uenderon en Nuzedo; da / leira de trala viña da Ponte4, cabo doutra uosa et do / çeleiro que está cabo do que ffoy de Sancho Fernández et do liñar / que iaz éntrelo de Pedro Mndez et o de María Lourenza et dûa leira da De/uessa, por XXJ morauidís que uós pagastes aos ditos nosso / padre et nosa nana. Et nós rezebemos de uós por outor/ga dest herdamento IIJ teegas5 de çenteo et seños pares / de çapatos, de que somos ben pagados. Et quen a uós esta / carta quiser quebrantar, peit a uós quanto demandar dobrado et / á parte del rrey C morauidís. Feita a carta XX días de / março, era Ma CCCa XVIIJa. Que presentes foron: Rrodrigo Rodrígez, / caualeiro; Gonçaluo Mndez; Domingo Gil, munge; frey Saluador, cantor; / Ffernán Stéueez6, Pedro U[i]ujâez7, Domingo Fernández, Lourenzo Munjz, Viuján Mndiz / et Johán Domõngez, clérigo, present et outorgante desta uenda. / Et eu, Martín Pérez, notario de mäo de Ffernán Eanes8, que a / escriuõ et present fuj et poño y meu signo /SIGNO/9.

_

1 Despois riscou un a.

2 Leva un trazo sobre a palabra.

3 Está escrito doa.

4 Despois riscou que e outra palabra.

5 Está escrito tls.

6 Está escrito steuez.

8 Está escrito ioh e despois repetiu e punteou a mesma abreviatura.

9 No dorso di: "Carta de María Viviaes".