Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

Referencias da busca neste documento para: Colección documental do mosteiro de Montederramo

1282
419, Xaneiro, 6

Testamento de Pedro Fernández, prelado de Couzada.

A. C. Ourense, Fondo de Pergamiños Monacais, nº 1411.

Era Ma CCCa XXa et quotum VI días andados de janeyro. Eu, Pedro Ffernández, prelado da ygleia1 de Couzada, jazendo doente / et temendo mõa morte, enpero cun toda mõa memorja, fazo meu testamento por sempre estáuel. Primeyramente / mando o corpo et a alma a Santa María de Codessedo et mando que leuen conmigo meus panos de meu leyto. Et mando / que dían X morauidís aos clérigos que foren en mõa sepultura. Et mando a Johán Sánchez, monge de Monte de Ramo, / quanto ayo et deuo a auer en Codessedo por mõa alma, assý auer móuel como herdade como outras / cousas quaesquer que seyan. Et mándole a meadade da ygleia1 de Cousada, do que eu y deuo a auer, / et doule o auer de Lourenzo et encoméndolo que le faza algo.

Et dígole que proueya dous anaes d’a/uer aleno que ouue d’ómees d’Ourense, so pena da mõa beeyzón, senón que llo coone Deus. Et se algén ueer / da mõa parte que a este pleyto quera passar, aya a mõa maldizón. Os que presentes foron: Johán Gonzáluez / de Cassar d’Anssora, Johán Meéndez de Uerduzedo, Pedro López et Uaasco Rodrígez et Johán Pérez et / Johán Marcos et Pedro Ujçente de Couzada et Rruý Gómez et Martõn Gómez et Johán Pérez, seu / criado, et Domingo Ffernández et Johane2, o fillo de Mayor Eanes3.

_

1 Leva un trazo sobre a palabra.

2 Está escrito johoe, pero parece que riscou o segundo o poñendo un punto debaixo.

3 Na marxe esquerda está escrito: "VIJ soldos a Martõn Eanes de Couas" (escribiu iohis).