Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

868
1385, decembro, 6. Lugo

O bispo de Lugo outórgalles a Lope Afonso e á súa muller o quiñón que lle corresponde no celeiro por eles construído en Pollido, freguesía de Santa María Madanela de Coeses, e recibe a cambio dúas partes dun naseiro na devandita freguesía, que, asemade, lle son aforadas a eles e a unha voz por renda anual dunha ducia de anguías secas e salgadas.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 36r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome de nosa iglesia, da huna parte, et nos Lopo Afonso de Pollido, que he enna fiigresia de Coeses, et Mayor Ferrnandes, mina muller, que estamos presentes et outorgantes, da outra parte, fasemos entre nos tal enprasamento que seia firme et valedeyro para senpre, segundo que aqui dira. Conven a saber que nos, o dito sennor obispo, por fasermos ben et merçee a vos, os ditos Lopo Afonso et Mayor Fernandes, vosa muller, damos-vos para senpre jamays por jur de herdade para vos et para vosa vos toda a parte et quinon que a nos et a nosa iglesia perteesçe et nos en ella avemos en qual maneyra et por qualquer rason enno çelleyro novo que vos, os ditos Lopo Afonso et Mayor Fernandes, fesestes a par da vosa casa en que ora morades en Pollido sub signo de Santa Maria Madanela de Coeses, o qual esta enna parte de juso da dita casa contra a agra que y ias a par dela. Et nos, os ditos Lopo Afonso et Mayor Fernandes, que presentes estamos asy reçebemos de vos, o dito sennor obispo, o dito ben et merçee et quinon do dito çeleyro que nos dades et fasedes para nos et para nosa vos por jur de herdade, as duas partes que nos avemos et nos perteesçen enno naseyro que nos fesemos enna agoa do Minno enna dita fiigresia de Coeses, que topa de hun braço enna veyga chamada de Pollido et do outro braço enna insoa de Borneyros, chamada de Castineyras, enno qual naseyro vos, o dito sennor obispo, avedes hun sesmo por vosa iglesia, et don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos enna dita iglesia, outro sesmo. Et logo por esta presente carta poemos a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia enno jur et posison et propiedade das ditas duas partes do dito naseyro, et tiramos ende a nos et a toda nosa vos para senpre, et se o des aqui endeante nos ou nosa vos husarmos ou posuyrmos conosçemos et outorgamos que as husamos et posuymos por vos et en voso nome et da dita vosa iglesia precario.

Et nos, o dito sennor obispo, asy os reçebemos para nos et para a dita nosa iglesia. Et nos as ditas partes que presentes somos asy outorgamos estas ditas doaçoes et enprasamento huuns a outros, et obligamos nosos beens et da dita nosa iglesia et de nosas voses de as fasermos saas et de pas huuns a outros. Et demays nos, o dito sennor obispo, por fasermos mays ben et merçee a vos, os ditos Lopo Afonso et Mayor Fernandes, vosa muller, damos-vos aforo et avervo para en toda vosa vida de anbos et a huna persoa qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de voso finamento as ditas duas partes do dito naseyro que destes a nos et a a dita nosa iglesia, a tal condiçon conven a saber que as apostedes et reparedes de todas las cousas et feyturas que lles feser mester et virdes que lles compre, et cada hun anno dedes de foro delas a nos et a a dita nosa iglesia vos et a dita persoa huna dusea de anguias coseyras salgadas et secas et conrreadas en cada hun anno por dia de Sant Martino; et a finamento da postrimeyra pesoa que para ello for nomeada que as ditas duas partes do dito naseyro han de ficar feytas et livres et quitas et desenbargadas a nos, o dito sennor obispo, et a nosa iglesia con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos.

Et nos, os ditos Lopo Afonso et Mayor Fernandes, por nos et por la dita pesoa asy o reçebemos et obligamos nosos bees et seus de comprirmos et pagarmos todo esto que sobredito he sub penna de çem maravedis. Et nos, o dito sennor obispo, asy vos-lo outorgamos. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Afonso Touron, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor.

Que foron feytas en Lugo, seys dias de desembre, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et CCC LXXXª et çinquo annos. Testemoyas que estavan presentes: don Aras Peres, arçidiago de Deçon; Ruy Lopes d’Aguiar; Garçia Lopes de Costante; Rodrigo Eanes d’Aan; Lopo da [Estançania]; Lopo da Copa, et outros.

Et eu Affonso Touron, notario publico de Lugo dado por la auctoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta scrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.