GMH/ÍNDICE A-Z

773
1377, setembro, 5 e 6. Castelo de Asma
O bispo de Lugo e don Vasco Gˇmez de Seixas po˝en en mans de dous homes bos a controversia existente sobre a recadaciˇn de tributos nos coutos da igrexa de Lugo. Os xuÝces ßrbitros mandan que Vasco Gˇmez non se apropie dos dereitos de talas e pastos pertencentes ao bispado nos coutos deste na Terra Chß e no termo de Chantada, e establecen, ademais, que Vasco Gˇmez non poida administrar xustiza nos devanditos coutos.
MADRID, AHN, Cˇd. 417 B, fol. 19r.

Sabeam todos commo en presenša de min Iohan Aras, notario publico da šibdade de Lugo et dos coutos da iglesia desse lugar, et das testemoyas subscriptas, o onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por sy et en nome de sua iglesia, de huna parte, et Vaasco Gomes das Seixas por sy et por seus herdeyros et subsšessores, da outra, por partir escandalo et danno et ocasion que entreles podia requešer sobre contendas que entreles avia et asperava dĺaver et por amor de boa pas et concordia, et por se quitar de danno et de custas et de traballo de suas livres voontades comprometeron en maos et en poder de Lourenšo Eanes de Lamas, avogado, morador enna šibdade de Lugo, et en Roy Vasques, alcallde mayor do conde don Pedro, assy commo en arbitros et arbitradores amigavelles, compoedores et commnunaes amigos sobre todos los pleytos et questoes et causas et controverssia, que entreles avia et asperava de aver, sobre los tallos et pascos que o dito Vaasco Gomes desia que avia de fazer nos coutos da dita iglesia seendo minguada por los ofišiaes do dito sennor obispo, et sobre razon das monedas et servišos de nosso sennor el rey que o dito Vaasco Gomes demandava a os lavradores et caseyros da dita iglesia de Lugo, et sobre todos los outros pleitos et lides et controversias, que entreles era et asperava de seer, sobre quaesquer cousas, et feseron-nos ende seus omes boos arbitros et arbitradores compromissarios et amigavilles compoedores et communaes amigos querentes et rešebentes o dito Pedro de Rio enssy, et deronlles et outorgaronlles livre et comprido poder que sinprezmente et de chao, somariamente sen strepitu et figura de juyzo as ditas partes presentes, ou alguna delas ausente, elas šitadas, ou non šÝtadas, asi en dia feriado commo non feriado, a forma deste compromisso guardada ou non guardada, tollendo et cadendo en el orden et solempnidade do dereito guardada, ou non guardada, ou de todo en todo leyxada, possan oyr et examinar et terminar et defiišer et sentenšiar arbitrando, laudando, ordenando, trasabšon fazendo, compoendo et mandando sobre las cousas sobreditas et cada huna delas as ditas contendas et lides et questoes et todas las outras cousas contingentes et dependentes delas. Et que esto que o possan faser seendo ou estando de noyte ou de dia en qualquer ora et lugar et que posan arbitrar et defiišer sobre las ditas cousas et cada huna delas et sobre todas las outras contingentes et dependentes delas huna vez et duas et mays, et reformar et correger et interpretar a sua sentenša de fiimento laudo et arbitro et composišon, ou sentenšas de fiimentos, laudos, arbitros et composišoes, et que possan pugnir contumašia et šitar as partes para qualquer lugar quiseren et pronunšiar ennas ditas cousas en escripto, ou sen escripto, et prometeron de ašeptar, rešeber, pacificar, emologar et firme para senpre aver todo arbitrio, laudo, composišon et ordenacšon et defiišon et arbitrios et laudos et composišoes et todas las outras cousas que os ditos omes boos tevesen et ordenassen sobre todo o que dito he et sobre parte delo, et todas aquelas cousas que por los ditos omes boos foren feytas et ditas et ordenadas et arbitradas et compostas assy segundo a forma deste compromisso commo en outra maneyra qualquer sobre las ditas cousas et cada huna delas prometeron destar a elas a todo tempo, et as ratificar et aver por firmes a todo tempo. Et non se podendo os ditos omes boos aviir en hun mando, ou laudo, ou sentenša, ou aviimento nomearon et escolleron et rešeberon por seu teršeyro a Vaasco Peres de Vaamonde, comendador de Castro Tarafe, que visse et examinasse os ditos mandos, que os ditos omes boos dessen, sesse non aveesen, et con qual dos mandos tevesse que aquel fosse firme et valioso, et que aquel tevessen et gardassen et comprissen en todo, et prometeron dĺestar et obediisšer et comprir o arbitrio et laudo et composišon que os ditos omes boos dessen en hun acordo, ou se descordassen de teer et gardar et comprir aquel arbitrio, ou laudo, ou composišon con que o dito teršeyro tevesse, et que non veessen contra el en todo, nen en parte, de dereito ou de feito, por palavra ou por obra, por sy ou por outra pessoa, et que non enpetrassen rescripto contra o dito compromisso, et que non albergassen privilegio nen posessen exšepšon nen usassen de benefišio de alguna lee, nen de canone, nen de constituyšon, nen de costume, porque višiasen, ou podessen višiar, o dito compromisso asy por rason das pesoas dos ditos arbitros, commo por rason das pesoas dos ditos comprometentes, commo por razon das cousas sobre que he comprometido, et prometeron de non apellar nen suplicar da setenša, pronunšiašon, ou arbitrio, ou ordenašon, que os ditos omes boos en hun acordo entreles dessen, ou aquel del con que o dito teršeyro tevesse, nen aver recursso a arbitrio de von varon, nen chamassen, nen enprasassen os ditos omes boos et teršeyro por razon do mando, ou laudo, ou arbitrio que deren para ante alguna iustišia ecclesiastica ou seglar, nelles demandar custas nen interee, nen pedir nen procurar revocašon do que os ditos omes boos ou o dito teršeyro con cada hun delles mandassen, et renunšiaron a todas las rašoes et dereytos et lees canonicos et šiviis et a todos los privillegios et esšepšoes seendo delles šertificados porque podessen contraviir, ou anellar, ou višiar este dito compromisso et todas las cousas sobreditas et cada huna delas en el cotiudas, et para todas estas cousas sobreditas et cada huna delas compriren et gardaren et non viiren contra elas de dereito ou de feito, por sy ou por outro, directe ou inderecte, por ajuda de algun dereito escripto ou non escripto, ou por outra razon alguna, fezeron juramento corporalmente o dito sennor obispo por suas ordees, et o dito Vaasco Gomes a os santos avangeos, tanjudos con suas maos; et por lo dito juramento prometeron de gardar et comprir o mando, arbitrio et laudo, composišon, defiišon, aviimento, ou mandos, arbitrios, laudos, comprosišoes, deffišoes et aviimentos, que os ditos omes boos de conssun ou cada hun delles con o dito teršeyro entrelles dessen et fezessen et ordenassen et arbitrassen et defiišessen et aveesen sobre las ditas cousas et cada huna delas, et que non veessen contra elas nen contra parte delas en alguna maneira, et qualquer delles que contra ello, ou contra parte delo, vesse que non fosse oydo en juyso nen fora del, et demays que ficasse perjuro et infame et quantas vezes contra elo temtasse de vir tantas vezes enconrresse o dito perjurio et infamia; et todas las cousas delas ficassen firmes et valiosas do qual perjuro, o parte que en el caesse, non podesse aver ausolušon se non por la see apostolical. Et porque esto ficasse firme et šerto para senpre as ditas partes rogaron et mandaron a min Iohan Aras, notario sobredito, que fezesse desto hun publico instromento ou mays os que comprissen.

Feyto foy esto en Castello dĺAsma, šinquo dias de setembre, era de mill et quatrošentos et quinse annos.

Testemoyas que para esto foron chamadas et rogadas et presentes: don Iohan Afonso, dayan; don Rodrigo Afonso, aršidiago de Deša; don Pedro Aras, aršidiago de Neyra; don Ruy Gomes, mestrescolla; Jacome Ferrnandes, rašoeyro da iglesia de Lugo; Lourenšo Eanes, clerigo; Iohan Vasque de Parada; Pedro Saco, Rodrigo Eanes de Burella; Alvar Lopes, abbade de San Vitoyro; Garšia Lopes, ševadeyro; Gomes Aras de Nugeyra; Afonso Peres, camareyro, et outros.

Et eu Iohan Aras, notario publico sobredito por autoridade do sennor obispo de Lugo, a esto con as ditas testemoyas foy presente et a rogo et mandado das ditas partes esta carta escripvi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade. Iohan Aras notario.

O qual compromisso outorgado por las ditas partes, et poderio por el dado a os ditos omes boos et teršeiro, as ditas partes presentaron o dito compromisso ante os ditos omes boos et teršeyro et pedironlles logo que rešebessen en sy o dito compromisso et o poder, que lles en el por las ditas partes era outorgado, et quisessen connosšer dos negošios et cousas que sobre que entrelles era contenda, livrando entrelles et defiišendo commo tevessen por ben. Et os ditos omes boos et teršeyro disseron en sy o poder, que lles por las ditas partes era dado et outorgado enno dito compromisso, et en connosšendo et usando do poder, que lles era en elo dado, que poynam plazo para en outro dias craz para sentenšiaren et aviiren et mandaren et defiišeren et compoeren entre as ditas partes commo achassen que devian et tevessen por ben.

A o qual prazo veudo, seys dias de setembre, era sobredita de mill et quatrošentos et quinze annos, estando ennos paašos do dito sennor obispo, que estan a par da iglesia de Castello dĺAsma sobredita, en presenša de min Iohan Aras, notario publico sobredito, et das testemoyas subscriptas, os ditos senor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, da huna parte, et Vaasco Gomes das Seyxas, da outra, pidiron a os ditos omes boos et teršeyro con elles, que estavan presentes, que dessen entrelles mando, laudo, ou sentenša, ou aviimento, ou composišon qual quisessen et por ben tevessen, et logo os ditos Lourenzo Eanes et Ruy Vasques, omes boos sobreditos, con acordo do dito Vaasco Peres, comendador sobredito, todos tres en hun acordo, deron et pronunšiaron hun mando en escrito et fezeron leer por min notario, do qual o tenor he tal: et nos Ruy Vasques et Lourenzo Eanes, omes boos sobreditos, con consintimento et outorgamento de Vaasco Peres de Vaamonde, comendador et teršeyro sobredito connosco, vistas et examinadas as demandas et rašoes et respostas et defenssoes et queyxumes das ditas partes, et de cada huna delas, et as confessoes que as ditas partes fezeron sobresto que dito he, et avudo sobrelo nosso acordo, seendo as ditas partes presentes, et pedindo que desen entrelas mando et defiimento, nos por maneira de composišon et por los trager a boa concordia pero chegandonos a o dereyto et usando del sobrelas cousas sobreditas mandamos sobre razon dos tallos et pascos que o dito Vaasco Gomes enbargava a os omes dous coutos da iglesia de Lugo, que jazen enno termino da dita Prova de Chantada, et a os lavradores et caseiros das herdades do dito sennor obispo et sua iglesia, que jazen enna terra chaa et alfoz da dita prova, que possan tallar et pašer con seus gaados ennos coutos do dito sennor obispo, segundo que se ata aqui usou et acostumou ennos tempos pasados, et sobresto que o dito Vaasco Gomes non faša enbargo por sy, nen por outro, nen mande fazer a os moradores dos coutos do dito sennor obispo et de sua iglesia et lavradores das suas herdades dĺaqui adeante gardandosse hunos a outros os lavores que teveren gardados et lavrados et sarrados.

Outrossy mandamos que se garde entrelles as condišoes et posturas que poseron en Portomarin enna maneira que son postas et se conten en hun instromento que passou entrelles por Rodrigo Eanes de Burella et Johan Aras, notario publico de

Lugo, firmado et signado de seus signos de que o tenor he tal:

Segue avinza de: 1377-V-12, entre o bispo de Lugo, don frei Pedro Lˇpez, e Vasco Gˇmez de Seixas (CD n.║ 764).

Outrosi en rason dos coutos da dita iglesia, que jasen en termino da dita prova, en que o dito Vaasco Gomez desia que avia entrar a comprir a justišia, quando fosse mingoada por los ofišiaes do dito sennor obispo, achamos que o dito Vaasco Gomes, nen as justišias da dita sua villa de Chantada, non an y jurdišon nen o deven faser de dereyto, et mandamos que el, nen seus merynos, nen justišas, nen ofišiaes nen ennos ditos coutos, nen en algun delles, a faser justiša nen outro constringemento algun, a os moradores dos ditos coutos, et se acaesšer que algun, ou alguos, que non foren moradores dos ditos coutos, nen de algun delles, feseren malefišio enna terra et sennorio do dito Vaasco Gomes porque devan et merescan de aver penna corporal, et se colleren a os ditos coutos ou a algun delles, que o dito Vaasco Gomes, ou sua justiša, possa yr pus elles et frontar a os moordomos, ou justiša, que y estever por lo dito sennor obispo et sua iglesia que llos entregue para faser delles comprimento de dereyto a os querelosos ut feseren o malefišio criminal, et non llos querendo o moordomo, ou justiša do bispo, entregar ou non podendo, que os tome o dito Vaasco Gomes, ou sua justiša, sen penna et perjudišio do sennor do dito couto, para faser comprimento de justiša delles ali ut feseron o malefišio, et collendose os ditos malfeitores a as iglesias dos ditos coutos, ou alguna delas, que o dito Vaasco Gomes, nen suas justišas, non quebranten os privillegios das iglesias nen os tiren delas se non commo mandan os dereytos. Outrosi acaesšendo que algun, ou alguos, dos moradores dos ditos coutos, ou de algun delles, feseren malefišio algun enna terra et sennorio do dito Vaasco Gomes que seian demandados por los foros dos ditos coutos et justišas delles, et se o sennor et justišas, ou moordomos dos ditos coutos, a quen for querelado, ou frontado, que fašan delles aver comprimento de dereyto et o non quiseren faser que seian tiudos da penna et calumpnia que meresšeren os ditos malfeitores de que non quiseren faser comprimento de dereyto.

Otrossi sobre rason das monas et servišos de nosso sennor el rey que de aqui adeante veeren en esta terra et sacada que qualquer colledor que as ouver de coller ou recadar que as non demande nen leve de aquelles que foren moradores ennas casas do dito sennor obispo et sua iglesia et lavraren as suas herdades que a dita iglesia de Lugo ha, et as monas que entraren ennos ditos coutos da dita iglesia sacada dĺaqueles que moraren nas casas do dito sennor obispo et sua iglesia et lavrasen as suas herdades, mandamos que aqueles outros que ouveren a valia que paguen as ditas monas a o colledor et recabdador dellas, segundo que usaron de as pagar ata aqui, pero que o dito Vaasco Gomes por rason de boa amistade quando as rendar que as de a o dito sennor obispo por aquelo que for guisado amigavelmente en guisa que se collan por los moordomos do dito sennor obispo sen agraveamento contra dereyto dos moradores dos ditos coutos.

Et se dĺaqui adeante o dito sennor obispo comprir ou gaanar alguas herdades enna Terrra Chaa, sennorio do dito Vasco Gomes, que passen a o dito sennor obispo con suas carregas. Et todo esto mandamos que seia comprido et guardado en todo entre as ditas partes sub as ditas pennas dos juramentos que an feytos. Et se alguuns erros et queyxumes entrelles avia ata aqui que seian quitos et perdoados et se fašan boas obras dĺaqui adeante commo amigos. Et reteemos en nos o poderio que nos foy dado para mandar mays en este dito pleyto entre as ditas partes aquelo que entendermos que compre et para declarar en interpretar as palavras de nosso mando et mandos se foren ouscuras ou dultosas, ou non boas dĺentender huna ves et duas et mays quantas veses sobrelas requesšeren dubta entre as ditas partes. Et en estes escriptos por nosso mando et sentenša declaramos-lo et pornunšiamos-lo todo assy, et en testemoyo desto mandamos a o notario juso escripto que signe esto de seu signal.

Que foy feyto et dado enno dito lugar et era et dias sobreditos. Testemoyas que a esto foron presente: don Iohan Afonso, dayan; don Rodrigo Afonso, aršidiago de Deša; don Pedro Aras, aršidiago de Neyra enna iglesia de Lugo; Alvar Lopes, abbade de San Vitoyro; Ruy Lopes dĺAguiar; Martin Vasque de Vaamonde; Rodrigo Eanes de Burela; Garšia Lopes, ševadeyro; Iohan Ferrnandes, camareyro; Iohan Ferrnandes, camareyro; Diego Garcia de Caldelas; Sueyro Aras de Monterroso, et outros.

Et eu Iohan Aras, notario publico sobredito, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas fuy presente et vi et lii et trasladey aqui a dita carta vervo por vervo segundo que passou entre os ditos sennor obispo et Vaasco Gomes das Seyxas en Portomarin por los ditos Rodrigo Eanes et Iohan Aras, notarios, et por mandado dos ditos omes boos et teršeyro porque lles vi dar o dito mando en hun acordo puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.

Iohan Aras notario.

Materias

orde militar; xuramento; abade; alcalde; alcalde maior; alfoz; arbitraxe; arcediago; arquivo; auto xudicial; avinza; avogado; bispo; cabaleiro; camareiro; casas; caseiro; cebada; comendador; concello; conde; couto; criado; deßn; delito; dereito; despenseiro; dignidades; embargo; emprazamento; escritura; evanxeos; fidalgo; fisco; gando; labrego; lingua; meiri˝o; mesa bispal; mestrescola; mordomo; mosteiro; nomeamento; notario; orde de Santiago; pazo; pedidos; pena; poder; preito; privilexio; proceso; publicaciˇn; querela; racioneiro; recadador; rei; sentenza; servizos; traslado; tributos; valado; vasalo; xuÝz; xurisdiciˇn; notario

Persoas

Afonso PÚrez, camareiro; ┴lvaro Lˇpez, abade de San Vitoiro de Ribas de Sil; Diego GarcÝa de Caldelas; GarcÝa Lˇpez, cebadeiro; Gˇmez Ares de Nogueira; Lourenzo Eanes de Lamas, avogado; Lourenzo Eanes, crego; Marti˝o Vßzquez de Baamonde; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro de RÝo; Pedro HenrÝquez, conde de Lemos; Pedro Lˇpez de Aguiar, bispo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi Eanes de Burela, despenseiro do bispo de Lugo; Roi Gonzßlez, mestrescola de Lugo; Roi Lˇpez de Aguiar; Roi Vßzquez, alcalde maior de Lugo; Sueiro Ares de Monterroso; Vasco Gˇmez das Seixas, cabaleiro; Vasco PÚrez de Baamonde, comendador de Castrotorafe; Xßcome Fernßndez, racioneiro de Lugo; Xoßn Afonso, deßn de Lugo; Xoßn Vßzquez de Parada; Xoßn Ares, notario

Outros

Chantada, concello; Lemos, condado; Lugo, cabido; San Vitoiro de Ribas de Mi˝o, abadÝa; Terra Chß; Lugo, bispado

Lugares

Aguiar, terra, antiga xurisdiciˇn; Baamonde; Burela, Santa MarÝa; Caldelas; Castelo, Santa MarÝa; Castrotorafe; Chantada; Deza, arcediagado; Lamas; Lugo; Monterroso; Neira, antiga xurisdiciˇn e arcediagado; Nogueira; Parada, San Xoßn; PortomarÝn; Ribas de Mi˝o, San Vitoiro, mosteiro; Rio; Roma; Seyxas; Terra Chß, antiga xurisdiciˇn