Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

502
1398*13[98], novembro
testamento

Testamento de Gonzalo Iáñez, notario, fillo de Xoán Iáñez, que foi arcediago de Baroncelle.

ACOu, Fábrica II, 645

Eno nome de deus amen. Sabbean quantos esta carta de testamento viren como eu Gonçalvo Yanes notario d’Ourense fillo de don Iohan Yanes arçediago de Baronçelle enna igleia d’Ourense que foy, sentendome fraco de door de feridas que teño enno meu corpo, pero con todo meu siso et entendemento conprido, qual deus tevo por ben de me dar et temendo a deus e a morte natural que he cousa por que todos os deste mundo an de pasar et por tal que depois de miña morte non aia contenda entre alguuns sobre meus beens, por ende faço e ordeno de min e deles meu testamento e miña postromeira voontade valedeira para senpre en esta magneyra: Primeiramente dou e mando a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo que a conprou e remiiu por lo seu santo sangre preçiosso et peçolle e rogolle por merçee moy omildosamente que me queira perdoar os meus pecados que eu ata aqui ey feitos et ditos contra a sua voontade et outrossi rogo e peço por merçee aa virgen señora santa Maria sua madre et a todos os santos e santas da gloria do parayso que lle queiran rogar por min que me aia remiimento a esta miña alma. Iten mando enterrar meu corpo enno mosteiro de San Françisco d’Ourense onde jas o dito don Iohan Yanes meu padre. Iten mando aos frayres do dito mosteiro de San Françisco por que me façan onra en miña sopoltura et por que digam misas e roguen a deus por la alma do dito meu padre et de miña madre quatroçentos mrs. Iten mando que queimen çera en mina sopoltura e leven quando a offerta viinte libras de çera. Iten mando que leven comigo en oferta des mrs. de pan e viño do meu, o que meus conpridores viren que he ben. Iten mando huna cuba de viño que eu teño enno çilleiro de Rodrigo Afonso sobryño do abade da Triindade, a qual leva des e seis moios de viño de lagar para pagar a miña parte da renda da obra que eu teño arrendada este anno. Iten mando que das quatro cubas de viño que eu teño en miña casa que se vendan as duas delas as mais pequenas para o conprimento e refasemento de miña enterraçon. Iten mando o viño de aquela cuba pequena que ora eu queria encher a Afonsso meu ome e a Maria Yanes sua moller et os dous moios et huun puçal de viño que me deve Lourenço Ferroño. Iten lles mando mais a cuba que se con o viño de Souto a cuba e o viño. Iten lles mando mais a meatade da miña viña de Pousada por lo foro que he et paguen dose libras ao cabidoo d’Ourense cada anno que eu ey de pagar por toda a dita viña. Iten mando mais a este Afonso de pano vermello que de min ten Garçia Anes duas varas para huun saquillo. Iten lle mando mais quatro varas e media de valançiña para huna capa da valançiña que se en miña casa, et a mais da valançiña dela seia para Iohane meu fillo para hun saquillo. Iten mando mais a Maria Anes sua moller quatro varas e media de valançiña de vioves para huun pelote de valançiña que se en casa. Iten mando mais a este Afonso e a Maria Anes sua moller dous touçiños e des fanegas de pan do que se enna aldea e en cassa que non seia triigo. Iten mando a Iohanne meu fillo mill mrs. Iten mando que qual quer que veer e jurar que lle eu devo ata en quontia de dez mrs. que llo pagen. Iten mando a Diego meu criado quatro varas e media de valançiña para huna capa e huun saquillo. Iten mando aa igleia de Santa Maria a Madre desta çidade as oyto libras de brancos que me a de dar cada anno Afonso Lopez por las casas en que mora por condiçon que digan por mina alma os capelaans da dita capela huna misa cantada en cadauun anno por dia de Santa Maria dagosto, et non na disendo que llos non den. Iten mando aos clerigos do coro da igleia d’Ourense çem mrs. por que me façan onra en miña sopoltura et digan huna misa cantada por miña alma con sua vigilia. Iten mando que digan por miña alma o dia que me enterraren triinta misas de requiem. Iten mando para o lume das lanpaas de Santa Maria que esteveren en esta çidade a cada huna çinqo dineiros. Iten mando aa lanpaa do Corpo Santo outros çinqo dineiros. Iten mando a San Lasaro des mrs. Iten mando oyto mrs. para huna misa cantada que digan por miña alma enna igleia de Santa Maria de Reça. Iten mando que me metan enno ábeto de San Françisco et que den por el seseenta mrs. Iten mando aos capelaas de Santa Ouffemea dez mrs. et que roguen a deus por min. Esta he a renenbrança das devedas que a min o dito Gonçalvo Yanes deven et eso mesmo dos bees que eu ey: Primeiramente, iten me deve Pero Françes oyteenta e quatro mrs. Iten me deve Afonso Lopes quoreenta mrs. Iten me deve Anton Fernandes sobre huna soudela de prata çen mrs. Iten me deve Afonso Ovelleiro sobre huna taça de prata çento e viinte e quatro mrs. Iten me ha de faser Gonçalvo Yanes ourives de trese onças e media de prata que / lle dey huna taça lavor de culleron et (...) de faser sete dineiros. Iten teño en casa duas taças de prata e dusentos rayaas de prata et des peças douro entre francos e dobras crusadas e marroquiis e huun nobre e duas çintas de prata que teen tres marcos. Iten huun puñal dourado que ten duas onças de prata et huuns canivetes garnidos et huun relicario con sua cadea. Iten huna cruz dourada con huun pe rostiçon et dusentos graaos daliofar pequeniños. Iten huna sortella de prata con huun boon çafil et outra pequena dourada con huun graao daliofar. Iten huna gargantada de doas douradas e he de Afonso de Vilarnaz et deveme sobrelas quareenta e dous mrs. Iten huas doas grandes de Roy Lourenço et deitoumas Davi judio por viinte rayaas de prata. Iten huna sortella douro con huna cortaliña, et deitouma Gonçalvo Ledo por viinte e seis mrs., et descontou o seu moço de carreto de viño o que diser por sua verdade. Iten tres ou quatro (...)os pequenos e huun boton de prata. Iten dous sudareos lavrados. Iten mais outras duas cubas de viño que levan viinte moios de lagar. Iten duas cofas, huna vermella e outra verde. Iten dous mantoons, huun verde e outro mesclado. Iten huuns mantoons dobrados. Iten teno en casa de Garçia Anes aparellador dez e nove varas de pano branco e vermello et çinqo varas de pano de Bruges. Iten huna copa de calez con sua patena que ten çinqo onças. Iten huun baçinete de angel que ias por quareenta mrs. Iten huna cota miña. Iten huna peça de Iohan Ares de Penavigia que iaz por escriptura e foi taixada en triinta mrs., pague viinte mors. Iten mais que teño em cassa en coroados de moeda vella dusentos e viinte mor. en huun correo. Iten mais seys cubas que seen con viño. Iten mais huna tinalla que se en Ventrazes que leva oyto moios et outra en Pedrosso que leva dose moios. Et faço conpridores e exsecutores deste meu testamento et miña postromeira voontade a Anton Fernandes dos Brancos et a Rodrigo Afonso fisico viziños d’Ourense, et mando que o cunpran porlos meus beens e sen seu dapno, et mandolles por lo afan que tomaren enno conprir çinqoeenta mrs. a cadauun deles. Et mando que pagado e conprido todo esto que eu mando que todos los outros meus bees que y ficaren asi moveles commo raises que os teña este Anton Fernandes en sua vida et dé estes mill mrs. a Iohannne meu fillo et o crii et faça bem por mina alma. Et sobresto encarrego sua alma e conçiençia et desencarrego a miña, et aa sua morte deste Anton Fernandes mando que se vendan todos estes ditos meus beens et se den por la miña alma e de aqueles a que eu soo teudo, et aparto todos os outros parentes e parentas que eu ey en çinqo soldos et a mais de meus beens non se tendan por razon de herença nen por outra magneira alguna. Et este dou e outorgo por meu testamento e por miña postromeira voontade valedeira para senpre, et se non valer commo testamento mando que valla como codeçilo et se non valere como codeçilo mando que valla como outra scritura publica qual quer feita por maao de notario publico, et revoco todos os outros testamentos e mandas e codeçilos que ata aqui ey feitos e outorgados et mando que non vallan nen aian firmedue salvo este que agora faço e outorgo por Gomes Peres de Penavegia scripvan de noso señor el rey et seu notario publico enna sua corte e en todos los seus regnos et notario publico d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar, que dou e outorgo por meu testamento et por mina postromeira voontade valedeiro para senpre, et qual quer asy da miña parte commo da estraya que contra este meu testamento e miña postromeira voontade veer ou pasar en parte ou en todo aja a ira de deus conpridamente e a miña maldiçon et demais peyte a meus conrpridores por nomme de penna mill mrs. de diñeiros brancos, et a dita penna pagada ou non este meu testamento e miña postromeira voontade fique firme e valedeira para senpre. Feito foy e outorgado este testamento enna çidade d’Ourense nas casas en que mora o dito Rodrigo Afonso fisico que esta enna rua de Çima, lu(es) (...) dias do mes de novenbro, ano do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos (...) chamadas e rogadas Fernan (Anes) clerigo do coro d’Ourense e Andreu (...) Fernandes e Pero (...) e Garçia et Iohan Fernandes omes do dito Rodrigo Afonso fisico.

Et yo Gomes Peres de Penavigia escrivano e notario sobre dicho a esto que sobre dicho es con los dichos testigos en mi presencia lo fis escrivir e por mandado e otoridad de Estevan Peres raçionero dela eglesia de Orense (...) mi nonbre e mi signo fis que es tal en test. de verdat.

(sinal)

Et eu Estevo Peres raçoeiro enna igleia \d’Ourense/ notario et chançeler da dita igleia et çidade d’Ourense que este testamento fige faser por Gomes Peres de Penavigia notario sobre dito et confirmoo asi commo chançeler da dita igleia (...) et aqui meu nome et signal puge en testimuyo de verdade.

(sinal)

Stephanus Petri

Taixo este testamento commo chançeler çento et çinqoenta mrs.



Materias

abade; alimentos; aparellador; arcediago; armadura; armas; arrendamento; branca; cabido; cabido; cáliz; canon foral; capas; capela; capelán; casas; celeiro; cera; chanceler; codicilo; cóengo; convento; coro; coroado; crego; criado; criado; cruz; cruzados; cumpridor; cunca; débeda; diñeiros; doazón; dobra; doente; enxoval; escudeiro; esmola; esposa; esposo; fábrica; familia; festa; fidalgo; fillo; físico; franco; gran; herdanza; igrexa; importación; lagar; lámpada; leprosaría; libra; marabedí; medidas; mesa capitular; misa; mosteiro; mozo; muller; nai; neno; nobre; notario; notario capitular; olaría; orde dos Irmáns Menores; ornamentos; ourive; ouro; pai; pan; panos; pena; prata; prenda; prezo; prezo; real; rei; reliquia; rendeiro; roupa; rúa; sepultura; sobriño; tenza; testamenteiro; testamento; tío; tonel; touciño; transporte; trigo; valoración; valoración; venda; viña; viño; violencia; xoias; xudeu; notario

Persoas

Diego, criado; Afonso Eáns de Vilarnaz, escudeiro; Afonso López; Afonso López; Afonso Ovelleiro; Afonso, home de Gonzalo Eáns; André; Antón Fernández dos Brancos; David, xudeu; Estevo Pérez, racioneiro de Ourense; Fernández; Fernando Eáns, crego do coro de Ourense; García Eáns; García Eáns, aparellador; García, home de Roi Afonso; Gómez Pérez de Penavixía, escribán; Gonzalo Eáns, ourive; Gonzalo Ledo; Lourenzo Ferroño; María Eáns; Pedro Francés; Roi Afonso, físico; Roi Lourenzo; Xoán; Xoán Ares de Penavixía; Xoán Eáns, arcediago de Baroncelle; Xoán Fernández, home de Roi Afonso; Gonzalo Eáns, notario

Outros

San Francisco de Ourense, convento; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Baroncelle, arcediagado; Bentraces; Bruxas; Ourense; Pedrosso; Pousada; Reza, Santa María; Souto de Penedo; Vilarnaz
Siga as actualizacións de Gallaeciae Monumenta Historica nas nosas redes sociais    
gmh/catálogo