Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

 
Gallaeciae Monumenta Historica

Ficha

Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

Transcrición íntegra dos documentos de
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1999. 594 pp.; 24 cm.

Máis de 200 pezas documentais, datadas entre 891 e 1491; papel e pergamiño; latín, galego e castelán. Procedencia: Arquivo da Catedral de Mondoñedo.

O arquivo medieval da igrexa de Mondoñedo contén tumbos e documentos soltos; esas pezas illadas son as que agora se publican en texto íntegro. En conxunto, son un instrumento básico para o coñecemento da sé e territorio diocesano xa que son principalmente escritos que amosan a relación de persoas e entidades coa Igrexa: reis, papas, mosteiros, individuos, etc.

Son privilexios, nomeamentos, aforamentos, doazóns, escritos xudiciais… pero tamén algúns escritos senlleiros polo seu valor para o achegamento ao espazo diocesano como os cadernos do subsidio, concordias de carácter xurisdicional ou as letras pontificias.