Desde os séculos medievais, algúns concellos galegos acostumaron a rexistrar por escrito os acordos vinculantes tomados polo concello. Este foi o caso de Santiago sendo este códice o máis antigo que se conserva. Polas súas páxinas pasan os feitos cotiáns da cidade nos que intervén a corporación municipal, de xeito que as súas páxinas aportan un senfín de datos sobre a vida urbana: urbanismo, finanzas, exercizo da xustiza, seguridade pública, comercio, etc.
Os anos concretos que abrangue permiten ademáis que nos acheguemos desde unha perspectiva diferente ao devir dos dificiles anos da minoría de Xoán II e ás dinámicas de confrontación e colaboración do concello coa Igrexa e o seu prelado; especialmente significativa é a información que proporciona sobre o control que a partir de 1420 exercen os gremios sobre o goberno municipal.
Como complemento, o autor ofrece a edición dun pequeño caderno de escritos relacionados co arrendamento e cobro dos servizos do rei no período 1418-1421.