Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

 
Gallaeciae Monumenta Historica

O Proxecto

Gallaeciae Monumenta Historiaca un proxecto que busca poñer a disposición dos investigadores e do público en xeral as fontes documentais da Galicia Medieval e o corpus académico con elas relacionado. Identifica un conxunto de recursos en constante crecemento no que se dispoñibilizará as transcricións dos documentos medievais -comezando polas edicións realizadas polo Consello- e investigacións -antigas e recentes- con elas relacionadas; co tempo será mesmo posible acceder ás imaxes dixitais dos manuscritos orixinais. Será un espazo aberto a novas achegas tanto as procedentes do ámbito científico -novos textos arquivísticos e ensaios académicos- como da experiencia e coñecementos dos usuarios -a través dunha comunidade propia 2.0-.

Gallaeciae Monumenta Historica un proxecto singular xa que non só se pon a disposición dos usuarios unha edición dixital das transcricións senón que se lles fornece cunha serie de ferramentas que lles permiten manexalas, contextualizalas e enriquecelas. Un conxunto de índices permitirá a busca sobre a colección completa ou sobre unha obra concreta; os ensaios académicos, enlaces ou a recuperación en formato dixital de obras clásicas facilitarán o traballo dos investigadores (historiadores, filólogos, historiadores da arte,...) e guiarán o camiño do público con curiosidade sobre esta época do noso pasado; as ferramentas das redes sociais permitirán a comunicación duns e doutros e o enriquecemento do proxecto coas aportacións de todos e todas.