Consello da Cultura Galega

Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205 correo@consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela

 
Gallaeciae Monumenta Historica

Material

Monografías de Santiago (1850)

Obra publicada en 1850 e subtitulada “Cuadros históricos, episodios políticos, tradicionales y leyendas, recuerdos monumentales, regocijos públicos y costumbres populares”. Nestas Monografías é onde mellor quedou reflexado o sentimento, mezcla de paixón, romanticismo e erudición, do autor pola cidade de Santiago.

O volume componse dunha serie de 17 artigos centrados na capital galega e nas tradicións populares. Cronolóxicamente, os escritos refírense a feitos históricos desde o século IX, co capítulo titulado "Los caballeros Cambiadores", ata o século XIX, co artigo "San Pedro de Fóra". Inclúe 13 documentos históricos até daquela inéditos como a Acta consistorial de constitución da Irmandade de 1418 ou o Poder dos Reis Católicos para a fundación do gran hospital de Santiago de 1499.